Privacidade

Última actualización: 12 de outubro de 2026

Quen trata os teus datos

Yeltsin’s Barber (Yeltsin Farid Bernal Ortiz), Rúa Míster Archer Milton Huntington 13⁠–⁠15, bajo D, 15011 A Coruña. NIF: X7410338Z. Contacto: yelsinbarbero@gmail.com · 658 660 779.

Que datos e para que

Base legal

A túa cita: a execución do servizo que nos pides (art. 6.1.b RXPD). A norma de ausencias e os rexistros de seguridade: o interese lexítimo do salón en protexer a súa axenda e o servizo (art. 6.1.f); podes opoñerte escribíndonos. O email é voluntario.

Quen máis os ve

As transferencias aos EUA ampáranse nas garantías do RXPD (decisión de adecuación UE-EUA ou cláusulas contractuais tipo). Non vendemos os teus datos nin os usamos para publicidade.

Canto tempo

Ata dous anos despois da túa última cita. Pasado ese prazo bórranse automaticamente. As mensaxes do formulario de contacto, aos 12 meses.

Os teus dereitos

Podes pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a yelsinbarbero@gmail.com. O salón pode exportar ou borrar os teus datos desde o seu panel. Se non quedas conforme, podes reclamar ante a AEPD.

No teu dispositivo

Non usamos cookies de analítica nin de publicidade. As fontes e o mapa sérvense desde o noso propio servidor. No teu navegador gardamos só: o teu nome, móbil e email se marcas «Lembrar os meus datos»; as ligazóns privadas das túas citas, para que poidas consultalas; a sesión do chat mentres está aberto; o idioma, se o cambias ti; e, se escolles claro ou escuro, esa única elección (se deixas «Automático», segue o axuste do teu dispositivo e non se garda nada; volver a «Automático» bórraa). As ligazóns das túas citas envíansenos ao abrir unha cita e con cada mensaxe do chat, para que poida responder sobre elas; o chat non llelas mostra a ninguén máis. Se entras en «As miñas citas», o teu navegador garda unha cookie técnica de sesión (yb_c) que te mantén dentro ata que saias; non serve para nada máis. Podes borralo todo desde os axustes do navegador. O panel do salón usa outra cookie técnica de sesión.

Seguridade

O panel esixe dous factores (unha chave de acceso, ou usuario e contrasinal máis unha app de autenticación) e rexistra cada acceso. Se ocorrese unha brecha que afecte aos teus datos, notificarémolo á AEPD en 72 horas e avisarémoste cando a lei o esixa. Para avisar dun fallo de seguridade: adrian@intechcenter.com.

Google

O panel do salón usa a API de Google só para ler e escribir eventos do seu propio calendario e para enviar confirmacións desde a súa conta; non le o seu correo. O uso da información recibida das API de Google axústase á Política de datos de usuario dos servizos de API de Google, incluídos os requisitos de uso limitado.